jueves, 15 de noviembre de 2018

DELTA










Un día, estomballado na praia estirei a man para tocar o mar. 
Estaba moi lonxe da beira, pero, chiscando un ollo dába a sensación de que a franxa escumosa que aloumiñaba/acariñaba  a area era alcanzable. 
Ao levantar o brazo sentín unha repentina ausencia de forza. O meu corpo pareceu arrefriarse de golpe. Notei que a toalla sobre a que descansaba comezaba a se mollar. Co ollo que ata ese momento tiña pechado observei/reparei asombrado/apampado/pasmado que o líquido que empapaba a toalla era eu mesmo, que comezaba a licuarme en forma dun fluído con carne. 
Aínda que eses segundos foron interminables, o proceso foi moi rápido. Unha corrente acuosa comezou a percorrer as miñas extremidades. Tensei os meus dedos cara o mar e percibín, (non podo explicar como, porque xa non vía) que o que fora pouco antes a miña man, estaba apoiado na area, e transformábase nun delta que esparexía a corrente fluvial do meu brazo en cinco regatos que corrían cara o mar. 
A miña percepción comezou a corverterse en algo informe, múltiple. O meu eu licuábase e encamiñábase a unha morte segura, diseminado nun océano no que ese eu xa non sería nada. 
A desesperación durou pouco, porque o razoamento co mar diluíu tamén os meus sentimentos e as miñas emocións, e transformounos nun estado de conciencia diferente, libre dos límites e as paredes nas que antes ficaba. 
Eu era todo e nada á vez, esencial e prescindible, eu, e todo excepto eu. 
Esvaído entre millóns de litros de materia transparente, xa non era consciente das cousas como o era ata entón. E, con todo, fun consciente, por un momento, de todo o sentido da miña existencia anterior. Entendín que ese fluído era o meu principio e o meu fin. Pero o mesmo que non houbo dor na miña ausencia anterior ao meu inicio, non o había ao final. Porque non era un principio e un fin, como o entendía ata entón, coma unha paréntese, senón coma unha roda que xira, e sempre o punto final volve ser o principio. 
Os meus pensamentos termináronse. O delta desapareceu na area. Ou iso creo, porque ninguén estaba alí para velo. 

_____________________________