jueves, 9 de agosto de 2018

SANTIAGO PARA PICHELEIROS, SEGUNDA EDICIÓN



O ESTADO PICHELEIRO é un territorio situado nas Terras Medias de Galicia. 
Está composto por SETE ciudades: a Cidade Nova, a Cidade Vella, a Xunta de Galicia, o Polígono de Tambre, o Campus Universitario, e as dúas vilas abandonadas : a Cidade da Cultura e Área Central.
Como estado próspero que é, dispón de dous aeroportos. Un que está abandonado...e outro que tamén. Porque o picheleiro é máis de viaxar por Porto, e así de paso dar unha volta.
O Estado Picheleiro linda ao sur co Milladoiro, onde se pode viaxar por autoestrada (aínda non camiñando, pero eso estase a mirar), ao norte con Francia (ou as súas colonias: Leroy Merlín, Decathlon e a Renault), ao oeste ca cordilleira montañosa do Pedroso, e ao leste con varias autoestradas e rotondas.
É un estado rico en funcionarios, patos e ocas (na parte alta da cidade, San Caetano e Campus Norte), en parques e xardíns (en toda a cidade), en bares de toda a vida, e últimamente en tendas de iogur xeado e de xeados sin iogur... e en hoteis con encanto. Tamén foi un estado rico en auga de chuvia, pero esa riqueza estase a perder nos últimos tempos.
O Estado Picheleiro ten moi boas comunicacións. Tanto é posible acceder a él nunha barca de pedra, como facelo camiñando desde calquera lugar do mundo (a no ser que veñas por Milladoiro).
Non é un estado recoñecido polos organismos internacionais, de feito non é nin coñecido por eles nin aspira a selo. Non ten bandeira, himnos nin fronteiras. O Estado Picheleiro é unha entidade paralela a Santiago de Compostela. Como Peter Parker e Spiderman, cadanseu ten unha vida diferente, ainda que os dous ocupan o mesmo espacio e lugar do mundo.
Milleiros de visitantes veñen coñecer Santiago de Compostela, pero non pisan o Estado Picheleiro. Realmente si que o pisan (e ben pisado), pero as cousas das que non és consciente non suceden.
O estado picheleiro é un estado vivo. Respira. Esa identidade segreda, ese rostro agochado, esas sete cidades que son unha soa, expiran e comprímense nos meses de verán ata casi desaparecer, pero volven a inspirar e encherse de aire en setembro, quitan a máscara de superheroi e volven ser o Peter Parker de sempre, o tipo normal, cos seus problemas sentimentales, as súas inquedanzas e desvaríos. O que compra o pan en panaderías sen rotulacións en lettering “moderno”, o que paga as multas de tráfico nos Feáns, o que se queixa das fochancas e o que di que non as ve...porque o Estado Picheleiro tamén é, ante todo, un estado multicultural e diverso.

------------------



SANTIAGO PARA PICHELEIROS é a primeira guía de viaxe feita para a xente que non viaxou a esta nosa cidade, porque xa vive nela. É como unha guía de viaxes replicante, con forma de guía de viaxe por fóra, pero diferente por dentro.
Pero sí é, en certo modo, unha guía. O autor, Mariano Casas, ten experiencia en libros de autoaxuda (a BD La Carga, Manual de Atoayuda Para Culpables, de 2017 é un bo exemplo).
SPP pón nas nosas máns o segredo para profundizar no coñecemento da nosa amada vila sin precisar de guías (aparte de SPP, claro): so necesitamos un papel e un rotulador.
SPP presentouse na nosa vila picheleira o 28 de setembro de 2018.


XA ESTÁ DISPOÑIBLE A SEGUNDA EDICIÓN DO LIBRO SANTIAGO PARA PICHELEIROS. Podes pedir un exemplar firmado e adicado premendo no botón. Pago seguro a través de Paypal, (non precisas conta de Paypal para facer o pago, pódese facer con tarxeta).
O prezo inclúe gastos de envío. O libro chegará ao domicilio que poñas en 1-2 días.